Servizos na Feira

O recinto da Feira está preparado para recibir a persoas con mobilidade reducida, incluídas aquelas que se moven en cadeira de rodas. O Pazo da Cultura conta con ascensor. Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.

Nas próximas semanas iremos informando de medidas e cambios na visita a Culturgal 2020, do 27 ao 29 de novembro, derivados da crise da COVID19.

 

A cita con culturgal

Culturgal celébrase do 27 ao 29 de novembro do 2020 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais. Unha décimo segunda edición da Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación...