Destacados

Xa podes reservar o teu stand na Culturgal 2020

Xa podes reservar o teu stand na Culturgal 2020

Antes de nada por favor consulta con atención o documento chamado TIPOLOXÍA STANDS 2020 onde poderás consultar os modelos da feira deste ano.


Le detidamente o MANUAL DO EXPOSITOR 2020 para ter a información precisa do desenvolvemento da Feira e das condicións de aluguer de espazo.


Escolle o tipo de espazo en aluguer que máis se adapte á túa idea de como estar presente na Feira

Escolle unha localización dentro do recinto, o PLANO STANDS 2020 está á túa disposición. A reserva de espazo adxudicarase por estrita orde de solicitude, é por iso que o formulario vaiche pedir unha segunda e terceira opción para a túa ubicación.


Entra no FORMULARIO STANDS 2020 de solicitude de espazo e cumpriméntao cos datos solicitados,


No prazo máximo de 10 días recibirás un correo confirmando a túa escolla e ofrecéndoche as indicacións oportunas para completar o proceso de reserva de stand.


Se tes calquera cuestión escríbenos a stands@culturgal.com

Importante: se debido á túa actividade, estás interesada/o en tomar parte no espazo de Arte Contemporánea non é preciso que remitas o formulario terás que remitir o teu proxecto para ser valorado polos comités de selección correspondentes. Consulta as condicións específicas no apartado 2.6 do MANUAL DO EXPOSITOR 2020