Destacados

Traballas en acción cultural? Este é o programa Culturgal 2022 para ti

Traballas en acción cultural? Este é o programa Culturgal 2022 para ti

Aqui tes o programa profesional da Culturgal 2022.

Todas as actividades do programa profesional son abertas con inscrición previa na web cultur.gal agás a xornada profesional do xoves 26, as asembleas e xuntanzas das diferentes entidades, e o encontro de salas Ciclo Mestre Mateo da AGA do venres 25, que requiren convite. As actividades desenvólvense no Espazo Profesional, situado no propio recinto feira, e nas aulas.


Xoves 24 novembro

10:00. Xornada profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia. Organizan Escena Galega e AGEM coa colaboración da Xunta de Galicia. Esta actividade trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías, bandas de música , promotoras e distribuidoras e profesionais da programación escénica e musical, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra. Unha xornada dirixida a todos/as os/as profesionais da programación escénica e musical de Galicia e o Norte de Portugal, ben sexa en espazos públicos ou privados, e ás compañías profesionais de artes escénicas, bandas profesionais de música, promotoras e distribuidoras asociadas a Escena Galega e AGEM. Networking, roldas de negocio e presentacións. Ata as 18:30. Espazo Profesional


14.00. Xuntanza Rede Galega de Teatros e Auditorios. Xunta de Galicia. Aulas


Venres 25 novembro


16:00. Asemblea AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). Aulas


17:00. Encontro. Salas Ciclo Mestre Mateo. Academia Galega do Audiovisual. O Ciclo Mestre Mateo é un programa de cinema composto polas películasmáis destacadas do audiovisual galego actual que resultaron finalistas nos Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral de Emigración impulsan esta iniciativa dirixida a concellos e vilas de toda Galicia e ás Comunidades Galegas do exterior Espazo Profesional


17:30. Asemblea Asociación Galega de Videoxogos. Aulas


18:20. Presentación. Plan Integral para a Danza de Galicia. Xu nta de Galicia.Con Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)-Xunta de Galicia, Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza da AGADIC, Paula Quintas, con Escena Galega, e Miguel Valverde, coordinador do Plan Integral para a Danza de Galicia. Espazo Profesional


18:45. Coloquio. XUVENTUDE CREA. Xunta de Galicia. Coloquio coa mocidade gañadora do Xuventude Crea nas especialidades de Novela Curta, Poesía e Banda Deseñada. Espazo Profesional.


20:00. Podcast. Café Derby 21 podcast. Ao vivo. Espazo Profesional. Aberto a todo o público da Feira.


Sábado 26 novembro

10:00. Asemblea Academia Galega de Teatro. Aulas


11:00. Mesa de traballo Coidar de nós, para coidar da cultura. Cara uns modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural. Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Aulas


11:30. Mesa redonda. AGAPI: Cara onde vai o audiovisual galego? Participantes:CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización con Noemi Chantada / Pablo Fontenla), AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Academia Galega do Audiovisual e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), como moderadora. Unha mesa redonda na que queremos apuntar cara o futuro do audiovisual galego. Para isto, abordaremos o ímpeto das plataformas e doutros novos clientes do sector, que establecen un taboleiro de xogo propio, pero tamén analizaremos o papel das novas tendencias, do público e das creadoras/es deste momento que nos toca vivir. Haberá tempo para reflexionar sobre a evolución do chamado Novo Cinema Galego e das liñas de produción tradicionais fronte ao dixital nos últimos tempos, no conxunto do sector en Galicia.Espazo Profesional.

12:30. Mesa redonda. A importancia da tradución audiovisual para a normalización do galego. Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI). Partindo da importancia estratéxica do sector audiovisual do punto de vista lingüístico, cultural e económico para a normalización da lingua galega, analizarase o estado xeral da tradución audiovisual, a importancia de casos concretos de dobraxe e subtitulado, e a influencia da nova Lei do audiovisual no sector. Coa participación, entre outras persoas de, Lucía Doval (AGPTI), tradutora da versión subtitulada d'O Señor dos Aneis: Os Aneis do Poder, e Magda Sánchez (AGPTI), tradutora da versión dobrada. Espazo Profesional


13:00. Faladoiro. Coidar de nós, para coidar da cultura. Cara uns modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural. Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. No marco de Culturgal e xunto a profesionais de ámbito estatal, o punto de partida dun novo proxecto. O cal permitirá abordar unha reflexión colectiva e a identificación de prácticas inspiradoras, co obxectivo de mellorar as condicións de traballo no sector. Espazo Profesional


14:00. Faladoiro."Por la residencia teatral". Asociación de Directores de Escena de España (ADE) coa colaboración da Fundación AISGE. Con Guillermo Heras, presidente de ADE, e Carlos Rodríguez, coordinador. Caben outras formas de organizar o teatro no noso país. Desde a ADE,cremos que é posible dinamizar as nosas estruturas escénicas e apostar por modelos que impliquen lograr, a curto e medio prazo, a sustentabilidade de compañías e grupos, a través de algo tan importante como a dialéctica entre a creacióne a súa exhibición nos edificios teatrais. Achegamos para iso esta proposta “Por la ResidenciaTeatral”, como unha liña de acción que abra camiños de colaboraciónentre a creación, a produción e a exhibición no noso sistema teatral. Espazo Profesional


16:30. Presentación. Actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego. Academia Galega de Teatro. Presentación da publicación en papel das actas do 1º Congreso Internacional do TeatroGalego, celebrado do 7 ao 10 de outubro de 2020. Interviran: Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, Eduardo Alonso, vicepresidente e membro da comisión organizadora do congreso e Francisco Oti, secretario da Academia Galega de Teatro,editor da publicación e coordinador dos editores da mesma. Espazo Profesional


17:00. Mesa redonda "Utilización dos edificios teatrais. ADE. Mesa redonda sobre as funcións que os edificios teatrais poden cumprir, máis alá da programación das súas salas, e en sintonía cos obxectivos e funcións que estes espazos culturais en toda Europa. Con  Guillermo Heras, Ánxeles Cuña e Carlos Lorenzo. Espazo Profesional


18:00. Presentación. Introdución ao Estatuto do Artista. Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Presentación do estatuto, os seus obxectivos,desenvolvemento e estado de tramitación.Sara Mora é avogada licenciada pola Universidade Complutense de Madrid, especialista en artistas e letrada de ConArte, Confederación de sindicatos de intérpretes presente en sete comunidades autónomas na que se integra a AAAG. Espazo Profesional


19:00. Faladoiro. O Centro Dramático Galego como ferramenta de proxección exterior do noso teatro. Xunta de Galicia. Interveñen: Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia). Espazo Profesional


19:50 Presentación. Barómetros do Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega. Con Hakan Casares Berg. Barómetro. Espazo Profesional


20:30. Foro. RESONANCIAS, foro profesional de instrumentos musicais no marco do festival MÚSICA NO CLAUSTRO. O festival de música, patrimonio e creación con sede no claustro medieval da Catedral de Tui dende o ano 2015, promove en paralelo aos seus concertos a convocatoria de RESONANCIAS, foro profesional deinstrumentos musicais coa colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Interveñen Ana Fariña, luthier, Beatriz Fontán e Samuel Diz, Música no Claustro. Espazo Profesional


Domingo 27 novembro


11:30. Boas prácticas. Manual de boas prácticas na xestión cultural das artes visuais. Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Con Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC, 7h Cooperativa, autoras do manual, e a Deputación da Coruña. Espazo Profesional

12:00. Xornada. A Colectiva,  Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Coordina: Iria Vázquez. Unha xornada para afondar na función social da/o artista e o seu relevante papel no campo da educación. 


13:30. Acto 15 aniversario Culturgal


18:10. Presentación. Web/app Play.aRi[t]mar.gal. Xunta de Galicia. Con Valentín García, secretario de Política Lingüística, Gonzalo Constenla, director da EOI de Santiago e do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal) e o desenrolador da app, Danimago. Espazo Profesional


18:40. Mesa redonda. Cultura científica: a esquecida na industria cultural? As programacións culturais en Galicia destacan pola variedade e calidade de disciplinas que ofrecen. Mais, ao falarmos de contidos, estamos desaproveitando o potencial que pode ofrecer a cultura científica? Ten en conta a industria cultural ás propostas de divulgación e/ou comunicación da cienciacomo un recurso máis á hora de planificar as actividades? Hai suficiente iniciativa desde o mundo da comunicación da ciencia para desenvolver produtos culturais de calidade dirixidos ao público xeral.