Destacados

Performance, poesía, artes escénicas, ópera, breakdance: así é o Foro Culturgal 2020

Performance, poesía, artes escénicas, ópera, breakdance: así é o Foro Culturgal 2020

Performance, poesía, artes escénicas. Tamén encontros ao redor do galego no ensino, na xustiza ou na televisión. Incluso tempo de ópera e breakdance. O Foro da Culturgal 2020 convértese nun espazo de representación, reflexión e encontros ao redor da creación artística e dos xeitos de traballar e incidir na cultura galega que ven, nun contexto marcado pola pandemia. Bloques de actividades, desde a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, con convidadas/os como Mónica Mura, o Centro Dramático Galego, Carlos Varela, Rosalía Fernández Rial, Marta Pérez, Antón Reixa, Aldaolado, Ana Romaní, Vella Escola e moito máis no Foro Culturgal 2020, conducido pola actriz Iria Sobrado e que podes seguir en cultur.gal.

Se es de Pontevedra e queres asistir físicamente, convites limitados AQUÍ.

 

Sábado 28 de novembro

 
11:00.A Deputación de Pontevedra presenta...
Re-Acción Cultural. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentará as iniciativas e programas levadas a cabo nesa liña de revolución cultural que protagonizou a programación en vivo da institución nos concellos da provincia tralo estado de alarma e que continuará durante o 2021. Participan tamén a deputada de Cultura, Victoria Alonso, e a directora de Cultura, Paula Cabaleiro.

O pasado por vir. "A corda". A deputada de Memoria Histórica e Lingua, María Ortega, acompañada de Uxía Senlle presenta unha acción con formato de vídeos nos que soan voces en espazos emblemáticos da provincia cunha forte vinculación coa memoria histórica.


12:45. Culturgal é unha performance 

“A nova armadura” Performance con Mónica Mura. Unha acción para explorar as dificultades reais de manter a distancia de seguridade nesta etapa de pandemia. Manter esta distancia física interpersoal, ademais do uso das máscaras, vai a ser clave para que as personas podamos movernos con máis seguridade polo espazo público.

Apostrophe, A Contemporánea e A Colectiva presentan proxecto. A galería Apostrophe presenta as súas liñas de traballo, incluíndo o Certame de Arte Plastika. A Contemporánea é a Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia: Galería Luisa Pita, Galería Marisa Marimón, Galería Metro, Galería Nordés, Galería Moret Art, PM8, Galería Trinta e Galería Vilaseco. A Colectiva é a  Asociación Profesional de Artistas de Galicia que explican o seu proxecto asociativo na Culturgal.

Mulleres en Acción. Violencia Zero. Deputación de Pontevedra. Performance con María Roja co título: "Can Cancela Calafrío".Arte no Foro por Mónica Mura e Xosé Luís Otero.

16:00.  Galego e +. Xunta de Galicia

 Chegar a Galicia, chegar ao mundo. Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021. Con Belén Bermejo, coordinadora do proxecto, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. 

21 días co Galego e +. Con Pilar Ponte, coordinadora do proxecto de dinamización lingüística que envolve a alumnado e profesorado, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

Unha xustiza en diálogo co país. Conversas con Carlos Varela. Galaxia. Presentación do libro con Ruth Novoa de Manuel, autora, Carlos Varela, ex fiscal xefe de Galicia, Francisco Castro, editor, Xosé Xoán Barreiro, Consuelo Castro, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

17:30.  A cultura do 21. Xunta de Galicia

Programas da Xunta de Galicia no ámbito da cultura dixitalProgramación cultural Xunta de Galicia 2021Cooperación entre Galicia e a cultura lusófonaCon Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística.


19:15.  A Hora da Economía Social de Galicia. Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería de Emprego e Igualdade.

A Subdirección Xeral de Economía Social de Galicia, baixo a coordinación de 7H Cooperativa Cultural, presenta en formato espectáculo e creación ao vivo o facer das seguintes entidades: Cestola, Culturactiva, Urdime, Miudinho, DezdeDez e Charlatana.

21:00. Mulleres míticas: Inversa Teatro e Rosalía Fernández Rial

Árbores no Deserto. Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia. Este libro escribiuse ao desconstruír a voz e o trazo das súas autoras.  As raíces das súas ideas medran agora en nós, coma árbores no deserto. Coma árbore no deserto agroma, rizomática, a nosa arte, oasis de liberdade. Con imaxes e música na Culturgal.‘Sofía Unipersonal”. Inversa Teatro. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Unha acción escénica protagonizada por Marta Pérez, de Inversa Teatro, e próxima ao teatro-conferencia, cuxa temática xira arredor da violencia machista, unha temática que a actriz e dramaturga nacida na Cañiza xa tratou noutras creacións e pezas teatrais. 

Domingo 29 de novembro


11:00. Para unha cultura segura #2021 con AGEM, Agatec e Cidade da Cultura

Aforos para a cultura galega en 2021. Conversa con Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e AGATEC. 

Presentación da programación Cidade da Cultura, Xunta de Galicia:Da Xeración Nós a Díaz Pardo. Exposicións do Museo Centro Gaiás con Ana Acuña, co-comisaria de Galicia, de Nós a nós Xosé Díaz, co-comisario de As miradas de Isaac. Modera: María Pereira, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura.

Un tempo novo para Escenas do Cambio. Interveñen: Lola Correa, directora do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción, Escenas do cambio, e María Pereira, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura

Cidade da Cultura en familia e actividades xacobeas. Intervén: Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Cidade da Cultura


13:00. O Concello de Pontevedra presenta...
O Concello de Pontevedra presenta o programa “Falamos” da Concellaría de Normalización Lingüística e a Universidade de Vigo.

 O departamento de Cultura explícanos os dez anos de “Na beira do río. Diálogos na Pintura”, un proxecto comisariado por Ramón Rozas.

Avance do o XXII Salón do Libro co lema “Emerxencia literaria: libros para salvar o Planeta. Novos formatos para novos tempos”. 

Presentación do libro “A vida incerta” de Montse Fajardo sobre Virxinia Pereira, publicación integrada no proxecto “A memoria das mulleres”.


16:00. Artes Escénicas: estado da cuestión. Centro Dramático Galego e Escena Galega

O Centro Dramático Galego fronte á covid-19. Xunta de Galicia. A unidade de produción teatral da Xunta de Galicia mudou a súa planificación para asumir estratexias directas de dinamización do sector escénico e minimizar os efectos da pandemia sanitaria. A ampliación dos espectáculos de produción propia, a apertura do Salón Teatro a novos proxectos, a coprodución con outros espazos de creación ou a revisión da súa distribución inicial son algunhas das medidas xa adoptadas, que continuarán a desenvolverse en 2021. Con Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego (CDG) e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Escena Galega: actualidade. Presentación da nova web www.escenagalega.gal e resumo e balance da 2ª edición do proxecto Camiño Escena Norte, promovido por Escena Galega xunto con Asturias, Cantabria e Euskadi. Ademais, presentación da actualización do catálogo de compañías asociadas a Escena Galega e video promocional nas liñas #CulturaSegura e #AEscenaQueVen coas propostas escénicas estreadas durante o ano 2020 e un adianto das producións que se esperan estrear no primeiro semestre do 2021.

17:30. Poesía Necesaria Chan da Pólvora: Ana Romaní, Chus Silva, Antón Reixa

A desvértebra de Ana Romaní Chan da Pólvora. Paisaxe sonora do poemario teatralizado por Ana Romaní e por Chus Silva.Outlet de Antón Reixa. Chan da Pólvora. Unha nova entrega poética dun autor referencial da performance poética.


19:15. ÓPERA BREAK'S con Vella Escola. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21. Xunta de Galicia

ÓPERA BREAK'S é un espectáculo que mestura ópera, breakdance e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola (Dj Mil e os bailaríns Retrokid, Bboy Serlli e Pol Rock), con colaboracións especiais de outros profesionais do mundo do Beatbox e do Graffiti. Contamos unha historia a través da expresión musical e corporal, rompendo as barreiras do clásico e do urbano e fusionándonos nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?


21:00. Imos “Polo rego” con Catro Ventos e 13 graos

Polo rego. Catro Ventos Editora. «Polo rego» é o programa da TVG que a través de receitas e consellos pon o agro galego e os seus saberes nas nosas casas. Agora tamén é libro. Con David Castellanos, Lola Tourón e Rosendo Estévez, creadores dos contidos orixinais da obra, e Isidro Dozo, da editorial.

Alén do azul de Sara Carrasco e Silvia Iglesias. Catro Ventos Editora. Unha viaxe polo fondo mariño da man de dúas autoras, apaixoadas do mergullo e creadoras do colectivo «13 Grados».