Destacados

O que atoparás no Espazo Arte da Culturgal 2022

O que atoparás no Espazo Arte da Culturgal 2022

Na túa visita ao Espazo Arte da Culturgal 2022, situado na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra atoparás stands, exposicións e un programa de actividades para todas as idades. Os expositores do Espazo Arte Culturgal 2022 son Museo de Pontevedra, CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Bienal Vilanova de Cerveira, APO’STROPHE.arte, Grovemakers, Bouza e Cores, Espazo Brétema, Rebeca Lar, Rosa García-Darío Basso-Federico Fernández e A Colectiva.

Durante toda a Feira poderás visitar a exposición Continuo de Alberto Pena, comisariada por Elena Bangueses, e unha mostra do traballo gráfico dos 15 anos da Culturgal.

Este é o programa de actividades do Espazo Arte 2022:


Venres 25 novembro

17:30. Ilustración. Un mar de ilustración. Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).Con Uxía Vázquez (CEMMA) e Diego Rodríguez (RAMPLA). 
18:20. Exposicións. Presentación das exposicións do Museo Centro Gaiás e programa de itinerancias. Cidade da Cultura. Xunta de Galicia.  
19:00. Creación. REGA. Cidade da Cultura. Xunta de Galicia. Presentación do  programa REGA (REsidencias artísticas no Gaiás).
19: 30. Obradoiro. Encadernación de libros cartoneiros. Con Sara Guerrero Alfaro. Para todos os públicos. 

Sábado 26 novembro

11:30. Obradoiro. Imprenta tipográfica ambulante. Alouette machine. Ata as 13:0011:30. Obradoiro. Mamá, quero ser artista. A Colectiva. Un taller con María Meijide. Entre 5 e 12 anos.
13:30. Arte e rural. Mulleres Extramuros. Deputación de Pontevedra. Con Carmela Silva e Xoana Almar.Música ao vivo con Caamaño & Ameixeiras. 
17:00. Fotografía. O pálpito interior. aCentral Folque.  Con Ramon Pinheiro e Eutropio Rodríguez.
17:30. Novela gráfica. Navegante (unha mirada moi persoal á historia da Sala Nasa). Chévere. Con Tristán Ron Ferreirós, Miguel de Lira e Xesús Ron.
18:00. Ilustración. María Casares. A impaciencia por vivir. Editorial Bululú. Con María Canosa, Bea Gregores e Xosé Duncan.
18:30. Obradoiro “Camiña”. CGAC. Xunta de Galicia. Entre 6 e 11 anos. 
20:30. Performance. "NoN" de María Marticorena. Deputación de Pontevedra. Programa #ViolenciaZero


Domingo 27 novembro
12:30 e 13:30 (2 pases).  Danza contemporánea. MULTIPERSPECTIVAS#2. Paula Quintas. AMARELO Distribución Escénica. Duración: 25 minutos casa pase. Para todos os públicos. 
16:30. Obradoiro. Collage. Espazo Brétema. Coa artista Lucia GQ. Para todas as idades.
18:00. Obradoiro. Casas, casiñas, casonas. Con EstudioIA. Para todas as idades