Destacados

Culturgal TV, a tele cultural de fin de semana

Culturgal TV, a tele cultural de fin de semana

En 2021 recuperamos a esencia feiral e presencial da Culturgal, mais tamén poñemos en marcha a Culturgal TV, unha canle que transmitirá a través de youtube e da web cultur.gal unha selección de propostas da programación así como produtos audiovisuais e spots promocionais. Non se trata dun streaming da programación da Feira desde o Pazo da Cultura de Pontevedra, senón dunha canle escaleta independente que incluirá directos, entrevistas, pezas audiovisuais e publicidade. Tras a experiencia de 2020 sabemos que as empresas culturais galegas dispoñen de moito e moi bo material promocional en formato video.


Tal como reza o manual do expositor, todas as empresas que conten con stand na Culturgal poderán enviar os seus spots promocionais (arquivos, non enlaces de youtube) antes do 29 de outubro a comunicacion@culturgal.com para que sexan valorados na súa inclusión na escaleta de Culturgal TV. Se ben non establecemos un número límite de spots por cada expositor, como regla xeral, desde a organización recomendamos unha duración máxima dun minuto por spot promocional. Todo o material que nos remitades será valorado para a súa inclusión na escaleta de Culturgal TV, en emisión os días 27 e 28 de novembro.


Agardamos as vosas propostas para Culturgal TV cuxo obxectivo é alcanzar ao público que non pode achegarse a Pontevedra durante a Feira e á comunidade galega no exterior!