Destacados

CULTURGAL TV: a tele cultural da fin de semana

CULTURGAL TV: a tele cultural da fin de semana

Culturgal TV non é o streaming da 14ª edición da Feira; é máis que iso. A “tele cultural” de fin de semana, alén de transmitir algunhas das propostas ao vivo da programación Culturgal, incluirá moitos máis contidos durante os días 27 e o 28 de novembro. En 2020 Culturgal experimentou tres canles de retransmisión online para poder levar a milleiros de persoas a programación nunha edición marcada polas restricións sanitarias. En 2021 a aposta polo reencontro e a presencialidade non implica renunciar ao formato dixital que leve as novidades e actividades da cultura galega ao público que non poida achegarse ate o recinto feiral. Alí estará situado o set de Culturgal TV.

Unha selección de presentacións, entrevistas e showcases configurarán un magacine con cabida tamén para conversas con protagonistas da feira, estreas audiovisuais e spots promocionais do sector cultural. A Culturgal TV levará aos fogares galegos a esencia da feira cunha grella que responde á diversidade de proxectos, asociacións sectoriais, empresas, patrocinios, artistas e profesionais que conforman a Culturgal e o ecosistema cultural galego. A tele de Culturgal estará conducida pola artista Iria Sobrado. Compostelana de adopción, e de corazón, é actriz de teatro e televisión e a súa proposta artística máis persoal ten forma de performance e accións escénicas efémeras.

Podes descargar a grella da Culturgal TV AQUÍ


A Culturgal TV poderá seguirse a través de cultur.gal e da canle youtube da Feira, pero tamén na web da TVG e na canle youtube de Nós Televisión. Culturgal TV traerá á Culturgal os públicos que sempre se botaron en falta pola súa presenza testemuñal na feira; é o caso das comarcas galegas do interior e, de maneira destacada, da comunidade galega no exterior. Culturgal TV será a canle do evento. Unha televisión cultural de fin de semana que permitirá coñecer, dende a casa, as propostas de cine, música, danza, literatura, teatro, etc.

PROGRAMACIÓN CULTURGAL TV

SÁBADO 27 NOVEMBRO

12:00 h – Inicio da emisión12:15 h. Presentación de "Rodolfo e Priscila, editora indecisa" |Con Carlos Meixide e Berta Dávila, editores, e Daniel Salgado, tradutor de A poesía como arte insurxente de Lawrence Ferlinghetti | LITERATURA, POESÍA

13:00 h. Podcast Café Derby 21 |Con Nicolás Carreira, presentador, e os paroleiros Carme Domínguez e Adrián Lede | TENDENCIAS, ARTE, MOCIDADE

14:00. Sustentabilidade e boas prácticas na cultura e nos espectáculos. |Conversa con Patricia Hermida e María Baqueiro. Arredor do Manual de Boas Practicas para a realización de espectáculos ao vivo e do Pacto Galego de Cultura Sustentable | PROFESIONAL

14:15. Accesibilidade auditiva na cultura. Con Rubén Capelán, técnico de accesibilidade de ACOPROS, Inmaculada Tabernero, coordinadora de ACOPROS e Montxo Solórzano, persoa xorda implantada e picadiscos (DJ Montxo Lautrec). Presentación e mostra dos equipos (mochila vibratoria, equipos de FM e bucle portátil). | PROFESIONAL

14:45 h. Vikingland | Filme de Xurxo Chirro, Galicia (2011). Mariñeiros galegos traballan nun ferri entre Romo (Dinamarca) e a illa alemana de Sylt. Un deles merca unha videocámara para gravar a súa vida cotidiana... | CINEMA

16:30 h | Hub Audiovisual: Videoxogos | O potencial galego nos videoxogos e o seu impulso a través do Hub audiovisual da Xunta de Galicia. Interveñen: Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais. Xosé Manuel Rey e Luz Castro, secretario e tesoureira da asociación Videoxogo.gal. | VIDEOXOGOS, PROFESIONAL

17:00 h | Ollar, escolma da fotografía galega contemporánea I Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 | Ollar é un proxecto multimedia de divulgación da fotografía de autor en Galicia. Mediante unha serie de curtas documentais amosa o traballo artístico de diferentes fotógrafos e fotógrafas que teñen unha obra recoñecible e recoñecida no eido da fotografía de creación. Capítulo: Javier Teniente | FOTOGRAFÍA17:20 h |Produtos viaxeiros| I Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 | De onde é un produto gastronómico? Que características definen un produto autóctono? En que momento deixa de ser importado e pasa a ser propio dun territorio? Como viaxan os produtos? Suman ou enriquecen a gastronomía e o propio ecosistema ou son invasivos e por tanto destrutores? Documental de Boísimo e Zinquin Audiovisual | CINEMA, GASTRONOMÍA

17:40 h | Por vir | I Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 | Documental que propón un retrato íntimo e espontáneo da mocidade galega a través da percepción que teñen os adolescentes da paternidade e da maternidade. Zeitun Films | MOCIDADE, CINEMA |

18:30 h| Editorial Elvira presenta... Que hostia din os rumorosos? E Escolma Aberta | Con Xabier Romero, editor, Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manolo Romón (Rompente), Antón Patiño e Menchu Lamas. E, ademais, presentación de Escolma aberta. Libro disco con Alberto Cunha, cantante, e Ramón Trigo, artista plástico. | LITERATURA, MÚSICA

19:30 h | Presentación de A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. Editorial Galaxia. |Conversa do autor co editor Francisco Castro. | LITERATURA, BANDA DESEÑADA20:00 h | Conversas da Editorial Xerais | Conversa con Manuel Rivas con A nena lectora, Ledicia Costas con Golpes de luz e Diego Ameixeiras con O cervo e a sombra | LITERATURA

21:00 h | Peche da emisión dende Technocracia de Funboa Escénica. | PERFORMANCE


DOMINGO 28 NOVEMBRO

12:00 h – Inicio de emisión

12:00 h |A parábola do angazo. Talía Teatro | Cos actores Artur Trillo e Toño Casais. Dirixe Diego Rey. Técnico: Dani Trillo.Un mozo dunha aldea galega emigra a Castela e aos poucos meses regresa á súa terra. Nese breve tempo ocorre algo asombroso: o rapaz esqueceu a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. TEATRO, LINGUA, XUVENIL

12:45 h | Barullo | I Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021| Documental acerca da diversidade musical en lingua galega dirixido por Xosé Antón Bocixa | CINEMA, MÚSICA, LINGUA, XUVENIL

13:40 h | Catro Ventos Editora presenta: A lingua en 2050 e Comando Igualdade, a mocidade facendo a revolucion feminista nas aulas | Presentacióndo libro con Fernando Ramallo, coordinador, Conchi Cochón e Isidro Dozo, representante da editorial e presentador. Comando Igualdade. Amocidade facendo a revolución feminista nas aulas!ConChis Oliveirae Priscilla Retamozo, coautoras, Ledicia Costas, autora do prólogo,e Isidro Dozo | LIBRO, LINGUA, XUVENIL

14:40 h | Memoria viva: Centro Galego da Habana | I Fondo de Xacobeo | Reportaxe sobre o Centro Galego da Habana que ten o obxectivo de recuperar unha historia crucial do patrimonio cultural galego. Gravado principalmente no actual Gran Teatro da Habana Alicia Alonso, conta cos testemuños dos traballadores que custodian os arquivos e mesmo de persoas que viviron os anos previos á revolución castrista, cando o centro conservaba todo o seu esplendor e actividade. Dirixido por Pablo López Campos. | CINEMA, MEMORIA, EMIGRACIÓN

15:00 h |Revival “O Gran Compadre” (2013) | Resumo do que se presentou coma o primeiro reality show 100% galego. Seis mozos e mozas  –que representaban o espectro ideolóxico do país– conviviron nunha casa durante sesenta días para acadar un premio que cambiaría a historia do país: converterse en Director/a Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. | WEBSERIE, HUMOR, MOCIDADE

15:35 h |Encarnados | I Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021| De Tono Arias. Peza audiovisual orientada a construír un relato visual experimental e contemporáneo do Entroido galego. | CINEMA, ETNOGRAFÍA

16:00 h | Estreas infantís do II Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021|Toupiciencia + Cores, de Magín Blanco | INFANTIL

16:15 h | Little Neno descobre... os Beatles | Cada vez que Little Neno queda durmido aparece no universo alguna banda mítica. E mil e unha aventuras, a ritmo dos Beatles. | INFANTIL

17:00 h | Espectáculo Infantil "Diferentes Diferenzas" | DezdeDez. Un espectáculo inclusivo adicado ádiversidade para rapazada e adultos. Con Silvia Penide, voz e guitarra, e Natalia Navaza, intérprete de lingua de signos | INFANTIL

18:00 h | O cinema que toca | Iria Sobrado entrevista no Set de Culturgal TV aos equipos de Illa “Negro Púrpura” e “Malencolía” e asistimos ao coloquio tras a proxección de “Vivir dúas veces. Un documental con Beiras | CINEMA

19:00 h | Wöyza & the Galician Messengers | Estrea do II Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 | Concerto e entrevistas a un grupo que, partindo dun repertorio tradicional no que fusionan xéneros e expresións contemporáneas coma o soul, o gospel, o hip hop e a danza urbana co patrimonio musical e inmaterial galego | MÚSICA

19:45 h | Cantos na Maré 2003 – 2020 | I Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 | Documental sobre a historia e traxectoria do festival internacional de música lusófona homónimo desde os seus inicios no ano 2004 ata hoxe. Un percorrido pola súa historia por medio de entrevistas e actuacións de músicos chegados de Cabo Verde, Angola, Portugal, Brasil, Mozambique, Guinea Bissau... para tender pontes con Galicia, sede do encontro. | CINEMA, MÚSICA, LINGUA

20:30 h | Videopoética. Un espectáculo de poesía e videopoesía | Con Yolanda Castaño | POESÍA

21:00 h | Peche de emisión coas Tanxugueiras