Destacados

Culturgal 2021, un festín de lectura: programa do Espazo Libro

Culturgal 2021, un festín de lectura: programa do Espazo Libro

Presentación de novidades e premios do ano: Encontros e conversas con autoras e autores e avance do vindeiro ano por parte as editoras. O Espazo Libro é o core da Feira, un auténtico paraíso para amantes do libro e da lectura.


Sábado 27 de novembro

11:30. Presentación da Guía de Igualdade "Donas no espello da LIXG", elaborada por GALIX. 


12:15. Presentación do proxecto "Rodolfo e Priscila, editora indecisa" e dos primeiros dous títulos da editora. Con Carlos Meixide e Berta Dávila, editores, e Daniel Salgado, tradutor de A poesía como arte insurxente de Lawrence Ferlinghetti. 


12:45. Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa. Editorial Bululú. Con María Canosa, autora, Bea Gregores, ilustradora, e Laura Sarasola de Caramuxo Teatro na pel de dona Emilia. ESPAZO LIBRO


13:15. A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. Editorial Galaxia. Conversa do autor co editor Francisco Castro. 

13:45. Premios da Deputación da Coruña. Lecturas comentadas. Coa participación de Daniel Asorey, gañador ex-aequo do Premio González Garcés 2020, Xosé Ricardo Losada Vicente, gañador do Premio Torrente Ballester 2020 e Xosé A. Neira Cruz, premio Raíña Lupa 2020. Introduce o deputado de Cultura, Xurxo Couto e conduce o acto a xornalista Ana Cabaleiro. 

16:00. Contos Extraños presenta: "Un terror de auga fría", de Xosé María Álvarez Cáccamo e, a continuación, a colección "A miña primeira novela de...". 


17:00. Presentación do Caderno de viaxe con Eutropio Rodríguez e Isabel Patiño, editora, e de dous títulos da colección de poesía 10x15 con Amanda Plaza, Rosendo Cid, María Solar e Isabel Patiño. Tulipa Editora. 


17:45. Certame de Poesía Rosalía de Castro. Presentación do libro promovido pola Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística-Xunta de Galicia.   Con Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xulio Couxil, coordinador do volume, Oliver Fernández Expósito, presidente da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà, e Armando Requeixo, crítico literario e membro do xurado do certame. 


18:30. Premios da Deputación da Coruña. Castelao ilustrado. Participan Begoña García-Alén González, gañadora do Premio Castelao, modalidade xeral, 2020, e Andrés Magán Zamorano. gañador do Premio Castelao, para público infantil e xuvenil, 2020.Introduce o deputado de Cultura, Xurxo Couto e conduce o acto a xornalista Ana Cabaleiro. 


19:00. Editorial Galaxia. Presentación de "Misarela", de Rodrigo Costoya. Conversa con Francisco Castro e Valentín García, responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Presentación da Colección Guión. Conversa arredor "Aura 1964", de Ignacio Vilar, con Francisco Castro. Conversa do xornalista Ramón Rozas con Arantza Portabales arredor de "A vida secreta de Úrsula Bas.


20:00. Conversa do xornalista Ramón Rozas con Manuel Rivas con A nena lectora, Ledicia Costas con Golpes de luz e Diego Ameixeiras con O cervo e a sombra. Xerais. 


DOMINGO 28 NOVEMBRO


11:30.Reboiras. O camiño da rebeldía. Aira Editorial. Presentación do libro e conversa con César Lorenzo, editor, e Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez, autores  


12:15. Catro Ventos Editora presenta: A lingua en 2050. Presentación do libro con Fernando Ramallo, coordinador, Conchi Cochón e Isidro Dozo, representante da editorial e presentador. Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas! Con Chis Oliveira e Priscilla Retamozo, coautoras, Ledicia Costas, autora do prólogo,e Isidro Dozo. 


13:00. Conversa de Manuel Rivas e Susana Pedreira ao redor de O que fica fóra. Apiario. 


13:45. Antela Editorial presenta: O Xigante de Allariz. Presentación en primicia do novo album ilustrado cos autores Miguel Ángel Alonso Diz, Xabier Domínguez, a ilustradora Tania Martins e a editora Alba de Evan. O país da choiva. Presentación en primicia do libro xuvenil con Miguel Ángel Alonso, autor, Xosé Tomás, ilustrador, Alba de Evan, editora, e Fran Alonso, autor do limiar.

16:15. Belagua Ediciones presenta: Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, de Roberto Mera Covas, E  Galegas na ciencia coa autora Isabel Blanco e a ilustradora María Lapido. Presenta Edurne Baines, editora. 


17:00. Conversas Xerais. Andrea Maceiras con A folla azul, Premio Merlín 2021, e Iria Misa con A cidade do átomo. Premio Agustín Fernández Paz 2021. Con Fran Alonso, editor. 


17:45. Cuarto de Inverno presenta: As mil vidas da colección infantil de Cuarto de Inverno. Coas autoras Lorena Conde e Arancha Nogueira ao redor dos libros As mil vidas de Doroteae A mestra corremundos. “Os libros están a mirarse arredor da mesa” con Antonio García Teijeiro, autor de As palabras están a mirarse arredor da mesa. “O Gabinete de Curiosidades de Lady Stoner” con Emma Pedreira como Lady Stoner ao redor de Os libros que hai en min. Presenta Tamara Andrés. 


18:30. “Vai lavar cabelos na fontana fría...As orixes da lírica hispánica” e "A ruta dos trobadores. Transitando polas vías da lírica hispánica”. OZOCOgz. Con Mariña Arbor Aldea, directora e coordinadora dos proxectos. 


19:00. Conversas Xerais conducidas pola xornalista Teresa Cuíñas, con Ana Cabaleiro e Deixádenos remar, Santiago Lopo con A carteira e Manuel Gago con Nus. 


20:00. Conversas Galaxia. "A normalidade do non común". Conversa con Nee Barros ao redor de Identidade, coa xornalista Teresa Cuíñas. Presentación da Colección Teatro de Editorial Galaxia. Conversa ao redor do libro Fillos do sol, de Cándido Pazó, moderada por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. "Unha Galaxia de premios”: Conversa con Xosé Monteagudo, autor de Eternity Premio Repsol, e con Alberto Lema, autor de Pazo de inverno, Premio García Barros, conducida polo editor Carlos Lema. 

Máis libro na Culturgal no Espazo Foro e Infantil. Consulta todo o programa en cultur.gal