Destacados

Culturgal 2021 tamén é...exposición!

Culturgal 2021 tamén é...exposición!

Stands, actividades e....exposicións! Culturgal 2021 acolle estas tres exposicións que poderás visitar durante os días da Feira no Pazo da Cultura de Pontevedra:


A CASA DE GALICIA. Cincuenta anos de apertura da Casa de Rosalía (1971-2021). Fundación Rosalía de Castro. Unha exposición deseñada por Pepe Barro e que se poderá visitar durante Culturgal. HALL EXTERIOR DO PAZO DA CULTURA

KINÉTIKO Exposición de Autómatas. Podedes gozar no ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA  da exposición de autómatas Kinétiko, ideada por Xira Paus, na que teredes a oportunidade de poñer en funcionamento estes trebellos fascinantes. Xira Paus é un proxecto de Manu Taboada, xogueteiro da Chintofanería, e Ero Vázquez, titiriteiro e artesán de Trécola Producións.

CANTÁMOLA EN GALEGO. A mostra “cantáMOLA en galego (2000-2020)” é unha exposición cedida polo Concello de Pontevedra e que está promovida pola súa Concellaría de Normalización Lingüística. Dous destacados xornalistas musicais, Pepe Cunha e Teresa Cuiñas comisarian os contidos desta exposición con deseño e produción de Capicúa e que conta cunha cunha unidade didáctica preparada pola escritora Rosalía Fernández Rial. HALL DO AUDITORIOAs entradas para sábado 27 e domingo 28 en cultur.gal. Venres 26, programación especial de 17:00 a 21:00 no Espazo Foro, entrada gratuíta.