Destacados

Baobab, Elefante Elegante e Talía: teatro para todas as idades na Culturgal 2022

Baobab, Elefante Elegante e Talía: teatro para todas as idades na Culturgal 2022

Bota un ollo ás propostas teatrais para todas as idades no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra durante a Culturgal 2022. O venres 25, da man de Baobab Teatro, unha peza para público infantil a partir de 2 anos; o domingo 27 tamén teatro familiar con Elefante Elegante en sesión matinal e recibimos a Talía Teatro pola tarde con A parábola do angazo. Tres propostas do Fondo Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Acceso libre coa entrada xeral da Feira. Á venda desde o 11 de novembro en cultur.gal

VENRES 25 NOVEMBRO

17:30. Teatro. O lobo e a lúa. Baobab Teatro. Fondo Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Programa FalaRedes. Unha proposta de teatro e monicreques para público familiar. Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer. Intépretes: Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers. A partir de 2 anos. Auditorio Pazo da Cultura.

DOMINGO 27 NOVEMBRO

12:30. Teatro. CUBO. Elefante Elegante. Fondo Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Programa FalaRedes.Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Creación: Gonçalo Guerreiro. Texto: Tiago Alves Costa.  Dirección artística e interpretación: María Torres e Gonçalo Guerreiro. Dirección de actores: Pablo Sánchez. Intérpretes: María Torres e Gonçalo Guerreiro. A partir de 5 anos. Duración: 45 minutos. Auditorio Pazo da Cultura.

19:00. A parábola do angazo. Talía Teatro. Fondo Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Programa FalaRedes. Unha divertida comedia creada a partir de textos de Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo, e que dá continuidade ao traballo da compañía na creación de espectáculos que afondan na situación lingüística, iniciado con Bicos con lingua, Pelos na lingua, Lambetadas e Voa, voa! Dirección Diego Rey. Intérpretes: Toño Casais, Artur Trillo. Duración: 70 minutos. Auditorio do Pazo da Cultura.