Destacados

A Deputación da Coruña abre a convocatoria para financiar a presenza de 35 empresas na Culturgal

A Deputación da Coruña abre a convocatoria para financiar a presenza de 35 empresas na Culturgal

Desde Culturgal queremos informarvos de que a área de Cultura da Deputación da Coruña colabora en 2021 coa Feira (26-28 novembro, Pazo da Cultura de Pontevedra) contratando 35 stands de 6 metros cadrados, que cederá a empresas culturais da provincia. Até o 25 de agosto podedes solicitar o financiamento do aluguer do voso stand -no caso de tratarse de empresas con domicilio na provincia da Coruña- a través do rexistro da Deputación da Coruña. Adxuntamos as bases para a selección de expositores que se poden acoller ao financiamento dun stand da Culturgal 2021, publicadas no BOP do mércores 11 de agosto. Podedes consultalas  AQUÍ

Nas bases establécese a documentación a presentar por parte das empresas interesadas en participar e que se deberá entregar no rexistro da Deputación provincial da Coruña (Avda. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña) ou ben a través da sede electrónica de www.dacoruna.gal.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e poder atopármonos na Culturgal 2021.