Destacados

A cultura que toca: descarga a memoria da Culturgal 2021

A cultura que toca: descarga a memoria da Culturgal 2021

Xa podes descargar AQUÍ a memoria da Culturgal 2021. Culturgal celebrouse en 2021 co lema “A cultura que toca” e contou co apoio da Xunta de Galicia a través de Agadic, do Concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Cultura e Deporte e da Deputación da Coruña. A Feira está organizada pola Asociación Culturgal da que son parte Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Editoras, AGEM e Eganet. Do 26 ao 28 de novembro celebrouse a 14ª Culturgal no Pazo da Cultura de Pontevedra. Máis de 100 propostas culturais para reencontrarnos. Estreas, Música, Libros, Cinema, Teatro, Arte Contemporánea, Profesional, Programación familiar, Culturgal TV...

Se queres ver o resumo en video podes facelo na nosa canle youtube