Destacados

A BSO da Culturgal 2021

A BSO da Culturgal 2021

A música ao vivo na Culturgal 2021 concéntrase no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Pero non só. Atoparemos a banda sonora desta 14ª edición espallándose por outros espazos de programación e tamén polos stands presentes na Feira con postos de artistas como Xoán Curiel, Antonio Barros ou, Carapaus, Batea (Virandeira Folk), de empresas e entidades como PlayPlan, Musicarte, Charlatana Cooperativa de Artistas e aCentral Folque, ou proxectos como Festiletras. Tamén no Espazo Foro o sábado 27 ás 19.30 cando Desertores poñan música as palabras de Xela Arias interpretando un par de temas do disco Cancións ou no Espazo Infantil, no que a metade das propostas botan man das notas musicais para chegar o público. 


Atoparemos propostas singulares no Salón de Actos con proxectos como Cinta Adhesiva, coa voz da poeta Silvia Penas, ou Caspervek, musicalizando o cinema de Buster Keaton. A electrónica de Koroiev, finalista no Concurso NARF da Deputación da Coruña, a música dos trobadores que nos trae Xoán Curiel, o folk-rock de Batea,  o novo disco de Fernando Abreu, Calma, en presentación en Culturgal coa colaboración do pianista Alberto Vilas....Até haberá unha rave, a que nos trae ao hall do Pazo da Cultura de Pontevedra Funboa Escénica con Technocracia o sábado na despedida da xornada. .A música tamén manda na Culturgal 2021. Si, e non nos esquecemos do espectáculo especial de Tanxugueiras o domingo 28, pero a realidade é que xa están esgotadas as entradas desde hai semanas!


Toda a música de Culturgal, excepto Tanxugueiras, está incluída na entrada xeral da Feira (3 euros entrada de día). Podes mercar o teu billete anticipado en cultur.gal.

MÚSICA AO VIVO NO AUDITORIO E NO SALÓN DE ACTOS
SÁBADO 27 DE NOVEMBRO

13:15. Koroiev.Finalista do Premio Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais da Deputación da Coruña . AUDITORIO

13:30. Límites. Cinta Adhesiva. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. SALÓN DE ACTOS

17:00. Treides comigo! Xoán Curiel. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. O compositor e cantante Xoán Curiel musicalizou varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago. AUDITORIO
18:30. Batea en concerto. Asociación Cultural Virandeira Folk. Presentación do primeiro disco da banda. Con Chema Alonso, gaita, David Oitabén, frautas, André Taboada, violín, Roberto Gonzalez,  guitarra eléctrica, Iván Martínez, batería e David Casal, baixo. AUDITORIO


20:00. Fernando Abreu & Alberto Vilas. Maré Coordinación Producción. Presentación do primeiro álbum en solitario do clarinetista Fernando Abreu “Calma” coa colaboración do pianista Alberto Vilas. AUDITORIO


DOMINGO 28 DE NOVEMBRO
13:00. Caspervek. Musicalización do cinema de Buster Keaton. Con Brais González, composición e piano, Andrea González, clarinete e saxofón, e Blas Castañer, percusión. SALÓN DE ACTOS


18:00. TANXUGUEIRAS. Final de xira Contrapunto. PlayPlan. Entradas esgotadas. AUDITORIO