Expositores

Plano. Situación dos stands na feira

AC7. Piero Ilustración e Pintura

Son ilustrador e pintor. Estudei artes gráficas en Italia, onde nacín, para despois mudar de campo profesional, mais mantendo o debuxo e a pintura como segunda actividade. Cidades Invisíbeis é a miña serie de pinturas máis ambiciosa e lonxeva. Comeceina en 1995, inspirado polo homónimo libro de Italo Calvino. Nela tratei de dar forma e cores aos espazos físicos e metafóricos imaxinados polo escritor italiano, chegando a interpretar ata hoxe 12 das súas cidades invisíbeis. No curso dos anos tamén desenvolvín varios pequenos encargos de ilustración, carteis, logos, etc. Traballando principalmente con acuarelas, a técnica que me resulta máis afín. Durante o confinamento do 2020 traballei intensamente nun novo proxecto inspirado polos haikus, os poemas curtos da tradición xaponesa, sendo para min a poesía e a literatura unha fonte de moita inspiración. As paisaxes mariñas son finalmente  o meu proxecto máis recente e relaciónase con Galicia, onde vivo dende o 2018.  Desenvolvo a miña actividade en Santiago, mais traballando a encargos  dende todo o mundo. Tamén participei cos meus traballos en varios mercados de artesanía e arte en Galicia e Italia. Poden seguir o meu traballo en instagram @piero_illustration e na miña web www.emanuelepierobon.com