Expositores

AC6. Nuria Lago

Nuria Lago recibe a súa formación académica en pintura na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), sendo a súa traxectoria principalmente autodidacta. Desenvolve a súa actividade artística dende finais dos anos noventa, expoñendo de xeito individual e en mostras colectivas, así como sendo seleccionada en diferentes certames nacionais e internacionais.Aínda que leva desenvolvido fundamentalmente o seu traballo no eido da pintura contemporánea, actualmente, a súa labor investigadora é de carácter multidisciplinar.