Expositores

AC5. Apostrophe

Apo’strophe.arte, polo seu carácter non lucrativo, ten como obxectivo a promoción dos artistas que expoñen nela, dándolle liberdade para que desenvolvan as súas propostas sen perder de vista o compromiso coa arte contemporánea, o que significa ter en conta as conquistas realizadas en diferentes campos, desde a forma de presentar unha idea, como entender o espazo nunha sala de exposicións, ata os conceptos máis modernos de entender a arte como unha labor didáctica, moito máis comprometida coa sociedade. Para conseguir este propósito promóvense obradoiros, charlas, presentación de libros, discos ou calquera outro evento referente ao mundo da arte.