Expositores - Contratación 2020

  • Antes de nada por favor consulta con atención o documento chamado TIPOLOXÍA STANDS 2020 onde poderás consultar os modelos da feira deste ano.
  • Le detidamente o MANUAL DO EXPOSITOR 2020 para ter a información precisa do desenvolvemento da Feira e das condicións de aluguer de espazo.
  • Escolle o tipo de espazo en aluguer que máis se adapte á túa idea de como estar presente na Feira
  • Escolle unha localización dentro do recinto, o PLANO STANDS 2020 está á túa disposición. A reserva de espazo adxudicarase por estrita orde de solicitude, é por iso que o formulario vaiche pedir unha segunda e terceira opción para a túa ubicación.
  • Entra no FORMULARIO STANDS 2020 de solicitude de espazo e cumpriméntao cos datos solicitados.


No prazo máximo de 10 días recibirás un correo confirmando a túa escolla e ofrecéndoche as indicacións oportunas para completar o proceso de reserva de stand.

Se tes calquera cuestión escríbenos a stands@culturgal.com

Importante: se debido á túa actividade, estás interesada/o en tomar parte no espazo de Arte Contemporánea non é preciso que remitas o formulario terás que remitir o teu proxecto para ser valorado polos comités de selección correspondentes. Consulta as condicións específicas no apartado 2.6 do MANUAL DO EXPOSITOR 2020

 

A cita con culturgal

A organización da Culturgal, cuxa celebración está prevista en 2020 do 27 ao 29 de novembro en Pontevedra, prepara a que será a décimo terceira edición dunha Feira que este ano debúxase como unha ferramenta necesaria para o sector cultural do país. Non será a Feira de sempre no escenario #COVID19, pero hai algo inmutable: Culturgal é un dispositivo ao servizo do sector cultural e da sociedade, en xeral. En caso de emerxencia, Cultura. Culturgal é “insignia cultural” de Galicia, de acordo ao ranking 2019 da Fundación Contemporánea. A Feira sitúase como o proxecto máis destacado no sector cultural galego no informe do Observatorio da Cultura de España.