Culturgal é a Feira do sector cultural que se celebra anualmente e que en 2022 chega a súa decimo quinta edición do 24 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A xornada do xoves 24 de novembro está dirixida exclusivamente a público profesional, asociacións, entidades e empresas.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta con programación durante os 3 días. Todo nun recinto feiral de 4.875 metros cadrados.
A asociación Culturgal, na que están integradas as seguintes asociacións gremiais: Asociación Galega de Editores, Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías.
Culturgal 2022 celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda s/n) do 24 ao 27 de novembro. O xoves 24 está aberto só para público profesional. O recinto de Cultural é:
Pazo da Cultura de Pontevedra
RUA ALEXANDRE BÓVEDA, S/N
36005 Pontevedra
986 833 061
www.pazodacultura.org
Ver: http://culturgal.com/informacion-util/como-chegar-a-culturgal/
Horario para público xeral:
Venres 25 novembro de 11h a 21 h
Sábado 26 de novembro de 11h a 21h
Domingo 27 de novembro de 11h a 20h
O Pazo da Cultura de Pontevedra conta cun amplo parking tanto na entrada principal como na parte superior de acceso ao Auditorio e cafetería do recinto, máis recomendable xa que a infraestrutura da Feira ocupa boa parte da explanada principal. Animamos, en todo caso e sempre que sexa posible, ao uso do transporte público nos desprazamentos á cidade durante Culturgal, sexa autobús ou tren.
O recinto da Feira está preparado para recibir a persoas con mobilidade reducida, incluídas aquelas que se moven en cadeira de rodas. O Pazo da Cultura conta con ascensor.
Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.
Visitas especiais concertadas para grupos, escolares, asociacións…
Existe algún correo electrónico da Feira para o público xeral?
Para calquera suxestión, consulta, queixa ou anotación que queiras facer, podes dirixirte ao correo electrónico info@culturgal.com.
Se es unha escola, asociación ou entidade sen ánimo de lucro contacta con nós e consúltanos. No correo electrónico info@culturgal.com.
Na web www.cultur.gal desde aproximadamente unha semana antes da Feira, aínda que irá facéndose público gradualmente desde outubro na mesma canle e nas redes sociais. A web da Feira actualízase constantemente polo que constitúe o soporte máis fiable para coñecer a programación de actividades. Síguenos en facebook, instagram e twittter
Non hai ningún caixeiro automático dentro do recinto nin nos arredores do mesmo. Boa parte dos expositores contan con terminais tpv facilitando o pago con tarxeta.
Se perdo algún obxecto, a onde podo dirixirme?
Se perdes algún obxecto diríxete ao mostrador de información na entrada da Feira. O mesmo, se o atopas.
Por suposto, sempre que respectes os dereitos das persoas fotografadas ou gravadas e o material non teña uso comercial ilícito ou indebido.
Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra, renóvase en 2022. Este ano a Feira celebra o seu quince aniversario e suma un día máis, cunha xornada previa o xoves 24 de novembro, dirixida exclusivamente a profesionais, empresas e asociacións sectoriais. Un dos obxectivos desta edición é atraer a un maior número de profesionais e servir de cruce de camiños entre sectores para o nacemento de novos proxectos.
Para o público xeral, Culturgal achegará nos diferentes escenarios do Pazo da Cultura de Pontevedra as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano. A renovación tamén comporta un novo deseño de programación co obxectivo de afondar na calidade das propostas, de implicar máis os públicos na actividade da Feira e de construír un evento máis cómodo e satisfactorio.