A banda sonora de Culturgal 2018 recolle estilos moi diferentes e, o que é moi relevante para a Feira, varias presentacións de traballos discográficos. Estamos moi contentos de acoller estes lanzamentos: Barahúnda, Pablo Castaño Quartet, Mielitza, NAO, Factoría de Susbsistencia, Pablo Sanmamed, Vudú e Brais Morán presentan os seus novos traballos en formato showcase.Canción de autor, jazz, folk, rock-metal, tradición, poesía musical e até os novísimos valores do concurso Quero cantar, promovido pola Deputación da Coruña, encherán a carpa dos sons de Culturgal 2018 do 30 de novembro ao 2 de decembro.
Moita calidade nas propostas musicais 2018. Desde a onda world music de Barahúnda até o rock de alto voltaxe de NAO; desde a proposta “soulk” de Maritxinha ao baixo e Belem Tajes, voz e teclados -ademais de cantante de Luar na Lubre desde o ano pasado- co proxecto Vudú até as Voces de Arrieiro que chegan de Ponteareas con voces masculinas para a música popular; das propostas jazz do contrabaixista Pablo Sanmamed e do saxofonista Pablo Castaño ao tributo a Mozambique e a NARF de Brais Morán ou á mestura poético-musical de Cintaadhesiva. Da carga autoral e lírica de Factoría de Subsistencia ao proxecto liderado por Carla López baixo o nome de Mielitza.
E todo na Carpa Culturgal 2018. Aquí tes o programa musical desta edición:
Venres 30 novembro
18:00. Barahúnda presenta o seu cuarto disco. Con Helena de Alfonso, cantora; Jose Lara Gruñeiro, guitarra e voces; Jose Luis do Pico Orjais, multiinstrumentista.
19:00. Pablo Castaño Quartet: “A la-láa”. aCentral Folque. Con Pablo Castaño, saxofón, Max Gómez, batería, Paco Charlín, contrabaixo, e Marcos Pin, guitarra.
Sábado 1 decembro
12:00. Quero Cantar. O concurso de canción infantil, que desenvolve a súa terceira edición este outono, sube ao escenario da Feira cos grupos gañadores en directo. Deputación da Coruña.
13:30. Mielitza. Presentación do disco “Unha illa”. Con Carla López Vázquez, voz, guitarra, Iago Mouriño Román, piano, teclados, Pablo Pérez, baixo, e Bruno Couceiro, batería.
16:30.Pablo Diaz en concerto: Coas miñas mans. Editorial Galaxia. Público infantil e familiar
17:30. Charo Pita en concerto: No país do vento. Editorial Galaxia. Público infantil e familiar
18:30. Amores fratricidas. Presentación do segundo disco de Factoria de Subsistencia. Con Josito Porto, voz e guitarra, Sabela Dacal, acordeón, piano e coros, José Lameiras, batería, e David Cid, baixo eléctrico.
19:30. Antilia en concerto. Con María Costas, voz, Jose Churruca, guitarra e coros, Pablo Vidal, baixo e coros, e Antonio González, batería.
20:30. NAO presenta o disco “Ata que o lume se apague”. Seispés Producións Creativas. Con Amós Varela López, Antón Díaz Fernández, Gustavo Brea Torres e Pablo Carracedo Goldar.
Domingo 2 decembro
12:30. Voces de Arrieiro. Concello de Ponteareas. Música popular en directo con este grupo de grandes voces masculinas.
13:30. Pablo Sanmamed Trío presenta disco “16-04”. aCentral Folque. Con Pablo Sanmamed, contrabaixo, Iago Mouriño, piano, e Bruno Couceiro, batería.
17:30. Cintaadhesiva. Con Jesús Andrés Tejada, música, Silvia Penas Estévez, voz, textos.
18:30. Vudú en concerto: presentación de novo disco. PlayPlan. Con Belém Tajes, teclados, loops, percusión e voz, e Maritxinha, baixo e loops.
19:30. Brais Morán en concerto: presentación de “No mato do desespero”. Con Brais Morán, guitarra e voz, Francisco Sanz Freire, baixo, Marcos Pazo Couto, batería, Manuel José Seoane Méndez, guitarra.
Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra, renóvase en 2022. Este ano a Feira celebra o seu quince aniversario e suma un día máis, cunha xornada previa o xoves 24 de novembro, dirixida exclusivamente a profesionais, empresas e asociacións sectoriais. Un dos obxectivos desta edición é atraer a un maior número de profesionais e servir de cruce de camiños entre sectores para o nacemento de novos proxectos.
Para o público xeral, Culturgal achegará nos diferentes escenarios do Pazo da Cultura de Pontevedra as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano. A renovación tamén comporta un novo deseño de programación co obxectivo de afondar na calidade das propostas, de implicar máis os públicos na actividade da Feira e de construír un evento máis cómodo e satisfactorio.