A organización da Feira 2019 (29 novembro-1 decembro) lanza as convocatorias para a montaxe da Culturgal e para o son e iluminación. A convocatoria de montaxe abrangue os traballos referidos a stands e mobiliario xeral no recinto feiral de Pontevedra así como a carpa exterior, anexa ao recinto. Podes consultar e descargar a convocatoria aquí: Concurso montaxe 2019. A convocatoria de iluminación e son abrangue os traballos referidos a equipos técnicos de iluminación e son así como o persoal preciso para a atención dos diferentes escenarios e actividades. Pódese consultar e descargar aquí: Concurso Iluminación e son 2019. Ambas convocatorias rematan o 25 de outubro.
Para ofrecer toda a información ás empresas interesadas, poñemos ao seu dispor planos da Feira, manual do expositor e tipoloxías de stands na nosa páxina web www.cultur.gal. ou descarga directamente aqui:
plano_espazo_AC_culturgal_2019
Así mesmo para consultas e dúbidas, estamos operativos no correo propostas@culturgal.com para dar asistencia coa maior celeridade durante o prazo da convocatoria.
Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra, renóvase en 2022. Este ano a Feira celebra o seu quince aniversario e suma un día máis, cunha xornada previa o xoves 24 de novembro, dirixida exclusivamente a profesionais, empresas e asociacións sectoriais. Un dos obxectivos desta edición é atraer a un maior número de profesionais e servir de cruce de camiños entre sectores para o nacemento de novos proxectos.
Para o público xeral, Culturgal achegará nos diferentes escenarios do Pazo da Cultura de Pontevedra as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano. A renovación tamén comporta un novo deseño de programación co obxectivo de afondar na calidade das propostas, de implicar máis os públicos na actividade da Feira e de construír un evento máis cómodo e satisfactorio.