Desde xa podes mercar as túas entradas para a décimo segunda edición de Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra, 29 novembro-1 decembro) en www.ataquilla.com. En 2019, por segundo ano consecutivo, podes viaxar con autobús e entrada o sábado 30 desde Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña.Tres días para unha cita na que coñecer todo o que virá en libro, cine, teatro ou música e, por que non, para adiantar as compras dos presentes navideños. Máis de 80 stands e máis de 120 actividades durante 3 días congregan anualmente a milleiros de persoas ás que convida en 2019 a darlle unha volta á Feira.
A Feira conta con varias áreas e escenarios nos que se desenvolve a programación: a Carpa para os directos de música, o Espazo Libro no que conversas, debates, sinaturas e presentacións danlle protagonismo á produción literaria, o Escenario Familiar dedicado ao público máis novo cunha ducia de espectáculos durante os tres días, o espazo Cinema ou o Foro, un espazo heteroxéneo que o venres se centra en programación dirixida a profesionais da cultura. Adermais, o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma perto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés.
Queremos que veñas comodamente a Culturgal vivas onde vivas. En 2019, cinco cidades, cinco puntos de saída e retorno en autobús. Porque non queremos que quedes sen vir. Porque Culturgal é a Feira da cultura feita en toda Galicia. Si, desde Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense, tes un pack de viaxe máis entrada á Feira. Saídas o sábado 30 de novembro ás 10.00 h e regreso ás 20:00. As prazas son limitadas.
Saída ás 10.00 h das localidades con regreso ás 20.00 h
**Máis gastos de xestión
Tras seis anos fóra dos escenarios, o grupo Marful reúnese na Culturgal 2019 e as entradas xa están á venda en ataquilla.com. O vindeiro 30 de novembro Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira reencontraranse no palco. Fano como o fan as parellas separadas de mutuo acordo: para darse uns últimos aloumiños, xogando co presente, cos recordos, contándose as aprendizaxes, as vivencias destes anos de divorcio “bienavenido”. O (re)encontro gozoso será dentro da programación do Culturgal, Feira Galega das Industrias Culturais, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Como convidada especial terán á interprete Sabela Ramil, que recolleu un dos temas marfulianos para a súa final en Operación Triunfo. Marful tamén contará cos músicos colaboradores do seu último disco “Manual de Seducion”: José Manuel Díaz ao contrabaixo e Leandro Deltell á batería. A escenografía e asistencia escénica corre a cargo da coreógrafa galega de longo curriculo europeo, Mercé de Rande. No son o seu técnico habitual, José Trincado, e nas luces o mago Alberto Casas.
Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra, renóvase en 2022. Este ano a Feira celebra o seu quince aniversario e suma un día máis, cunha xornada previa o xoves 24 de novembro, dirixida exclusivamente a profesionais, empresas e asociacións sectoriais. Un dos obxectivos desta edición é atraer a un maior número de profesionais e servir de cruce de camiños entre sectores para o nacemento de novos proxectos.
Para o público xeral, Culturgal achegará nos diferentes escenarios do Pazo da Cultura de Pontevedra as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano. A renovación tamén comporta un novo deseño de programación co obxectivo de afondar na calidade das propostas, de implicar máis os públicos na actividade da Feira e de construír un evento máis cómodo e satisfactorio.