Novas

Culturgal, “insignia cultural” de Galicia no ranking 2019 da Fundación Contemporánea

10 Febreiro 2020

O informe do Observatorio da Cultura de España, auspiciado pola Fundación Contemporánea, é xa un clásico do mes de febreiro desde hai once anos. Expertos de todo o Estado forman parte do panel que selecciona o máis destacado do ano cultural nun documento que, ademais, inclúe as clasificacións por comunidades autónomas. No caso de Galicia, Culturgal é a “insignia cultural” de 2019, ano no que se celebrou en Pontevedra a décimo segunda edición da Feira. Entre os proxectos ou acontecementos culturais do ano no país, a Feira está acompañada polo Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Cidade da Cultura, Cineuropa, a película “O Que arde” de Oliver Laxe, S8, Resurrection Fest, Festival Noroeste, Festival Sinsal SON Estrella Galicia e WOS Festival, entre outros.

En 2020 máis festa da cultura do 27 ao 29 de novembro en Pontevedra

12 Decembro 2019

Culturgal pechou a súa décimo segunda edición e despediuse anunciando as datas da edición número trece: do 27 ao 29 de novembro de 2020 en Pontevedra. Unha edición chea de nomes populares e recoñecidos da cultura feita en Galicia que participaron en diferentes actividades da programación no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alén das cifras de público, semellantes ás das últimas edicións con algo máis de catorce mil persoas, a organización da Feira recalca o valor cualitativo da Feira: a construción dun espazo colectivo e compartido no que empresas, institucións, creadores e público xúntanse anualmente para festexar o feito cultural.

As entradas Culturgal 2019 en Pontevedra xa están á venda; tamén en autobús!

17 Outubro 2019

Desde xa podes mercar as túas entradas para a décimo segunda edición de Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra, 29 novembro-1 decembro) en www.ataquilla.com. En 2019, por segundo ano...

Marful ao vivo con Sabela (OT) na Culturgal 2019

9 Outubro 2019

Na Culturgal 2019 estamos felices de anunciar o espectáculo especial do sábado 30 de novembro co reencontro de Marful nos escenarios. No Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra tamén atoparemos...

Concursos de montaxe e iluminación e son Culturgal 2019

8 Outubro 2019

A organización da Feira 2019 (29 novembro-1 decembro) lanza as convocatorias para a montaxe da Culturgal e para o son e iluminación. A convocatoria de montaxe abrangue os traballos referidos a...