Contacto

Estes son os nosos enderezos de correo electrónico. Non dubides en escribirnos:

Secretaría técnica
info@culturgal.com

Reserva e contratacións stands
stands@culturgal.com

Envío propostas
propostas@culturgal.com

Coordinación de produción
producion@culturgal.com

Comunicación e promoción
comunicacion@culturgal.com

 

A cita con culturgal

Porque toca cultura, a mellor receita para fomentar o desenvolvemento, o diálogo e a diversidade. Culturgal 2021, do 26 ao 28 de novembro en Pontevedra, recupera o contacto, o encontro, a conversa presencial e o directo na cultura. Ao redor do contacto e da participación estará o motor da feira 2021. Contacto entre creadores e público, entre profesionais, entre empresas e institucións. Por iso falamos dunha Culturgal coa cultura que toca: unha feira chea de estreas, artistas e autores, alianzas e grandes proxectos para 2022. Non significa isto que tras a edición de 2020 practicamente virtual en canto á recepción do público, o evento renuncie á retransmisión de parte do seu programa. En 2021 contaremos cunha canle única, Culturgal TV, que recollerá unha selección da programación para ser retransmitida.