Asociación Culturgal

Culturgal está organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por Víctor López e constituída en 2010 para dar continuidade e estabilidade a unha feira que arrancara de maneira exitosa en 2007. Forman parte de Culturgal as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

Culturgal é a Feira do sector cultural que se celebra anualmente e que en 2020 chega a súa decimo terceira edición do 27 ao 29 de novembro de 2020 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta sección iremos ofrecendo todas as respostas sobre horarios, accesos, servizos, entradas, etc, nas próximas semanas. A COVID19 obriga a tomar medidas especiais na Feira como acontece en todos os eventos.

Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis. Todo nun recinto feiral de 4.875 metros cadrados.

A asociación Culturgal, na que están integradas as seguintes asociacións gremiais: Asociación Galega de Editores, Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías.

Culturgal 2020 celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda s/n) do 27 ao 29 de novembro. A Feira ten horario ininterrumpido de 11:00h a 21:00h o venres e o sábado. O horario do domingo é de 11:00h a 20:00.

Pazo da Cultura de Pontevedra RUA ALEXANDRE BÓVEDA, S/N
36005 Pontevedra
986 833 061
www.pazodacultura.org
Ver: https://www.culturgal.com/como-chegar

O Pazo da Cultura de Pontevedra conta cun amplo parking tanto na entrada principal como na parte superior de acceso ao Auditorio e cafetería do recinto, máis recomendable xa que a infraestrutura da Feira ocupa boa parte da explanada principal. Animamos, en todo caso e sempre que sexa posible, ao uso do transporte público nos desprazamentos á cidade durante Culturgal, sexa autobús ou tren.

O recinto da Feira está preparado para recibir a persoas con mobilidade reducida, incluídas aquelas que se moven en cadeira de rodas. O Pazo da Cultura conta con ascensor.

Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden. Visitas especiais concertadas para grupos, escolares, asociacións…

Para calquera suxestión, consulta, queixa ou anotación que queiras facer, podes dirixirte ao correo electrónico info@culturgal.com.

Culturgal é un proxecto colectivo onde o público contribue á sontibilidade coa súa entrada. A entrada xeral por día ten un prezo de 3 euros, entregarémosche unha pulseira e entrarás e sairás do recinto cando queiras durante ese día. Se queres acceder máis de 1 día, tes unha abono de 5 euros coa que poderás entrar e saír durante os 3 días. Nenas e nenos até 14 anos (incluídos) pagan 2 euros por día e 3 euros pola pulseira bono. Menores de 3 anos non pagan entrada. Consulta todos os prezos e packs familiares en www.cultur.gal

Se es unha escola, asociación ou entidade sen ánimo de lucro contacta con nós e consúltanos. No correo electrónico info@culturgal.com.

Na web www.cultur.gal desde aproximadamente 1 semana antes da Feira, aínda que irá facéndose público gradualmente desde outubro na mesma canle e nas redes sociais. A web da Feira actualízase constantemente polo que constitúe o soporte máis fiable para coñecer a programación de actividades. De calquera xeito, os visitantes de Culturgal terán ao seu dispor un programa impreso no acceso da Feira. Síguenos en facebook, instagram e twittter

Culturgal 2019 conta cun Espazo Gastro con 3 restaurantes con oferta variada así como a cafetería Culturgal 2019 que ofrece tamén menús. O pago en cafetería e restaurantes efectuarase cun cartón prepago.

Non hai ningún caixeiro automático dentro do recinto nin nos arredores do mesmo. Boa parte dos expositores contan con terminais tpv facilitando o pago con tarxeta. Aínda así, recomendámosche traer efectivo para as túas compras na Culturgal. O Espazo Gastro funciona con cartón prepago, podes cargala no recinto con efectivo ou cartón bancario.

Se perdes algún obxecto diríxete ao mostrador de información na entrada da Feira. O mesmo, se o atopas.

Por suposto, sempre que respectes os dereitos das persoas fotografadas ou gravadas e o material non teña uso comercial ilícito ou indebido.

A cita con culturgal

Porque toca cultura, a mellor receita para fomentar o desenvolvemento, o diálogo e a diversidade. Culturgal 2021, do 26 ao 28 de novembro en Pontevedra, recupera o contacto, o encontro, a conversa presencial e o directo na cultura. Ao redor do contacto e da participación estará o motor da feira 2021. Contacto entre creadores e público, entre profesionais, entre empresas e institucións. Por iso falamos dunha Culturgal coa cultura que toca: unha feira chea de estreas, artistas e autores, alianzas e grandes proxectos para 2022. Non significa isto que tras a edición de 2020 practicamente virtual en canto á recepción do público, o evento renuncie á retransmisión de parte do seu programa. En 2021 contaremos cunha canle única, Culturgal TV, que recollerá unha selección da programación para ser retransmitida.

Así foi Culturgal 2020