Públicos
A Feira Galega das Industrias Culturais diríxese tanto aos profesional da cultura como ao público xeral.
Profesionais
O contido do Cultur.gal interesará tanto á potencial clientela como aos diversos perfís profesionais das industrias culturais galegas:
- Técnicos/as, programadores/as e xestores/as culturais dos concellos galegos.
- Outros/as técnicos/as municipais como: de educación, de normalización lingüística, de mocidade, dinamizadores/as da sociedade da información, etc.
- Concelleiros/as das administracións locais galegas. Nomeadamente de cultura, mais tamén de normalización lingüística, mocidade, educación, sociedade da información, festas, etc.
- Programadores/as ou xestores/as culturais de diversas entidades, como fundacións de bancos ou caixas de aforro, asociacións, etc.
- Programadores/as de festivais de música, teatro, danza, etc.
- Bibliotecarios/as e profesorado relacionado coas bibliotecas dos centros de ensino.
- Profesorado vinculado coa realización de actividades nos centros de ensino: vicedireccións, equipos de normalización e dinamización lingüística, etc.
- Xestores/as, directivos/as, etc., de asociacións culturais e comisións de festas.
- Todas aquelas persoas pertencentes ao sector das industrias culturais de todos os ámbitos (libro, disco, xestión e servizos socioculturais, audiovisual, artes plásticas, deseño, etc.).
- Programadores/as dos principais festivais e directivos/as ou xestores/as das principais entidades culturais de fóra de Galiza.
Para todos eles haberá unha programación baseada en xornadas sectoriais específicas, presentacións de produtos e servizos en exclusiva para profesionais, showcases musicais en exclusiva para programadores/as, accións formativas, foros, encontros específicos, etc.
Público Xeral
Invitamos tamén a todas aquelas persoas interesadas, dun ou doutro xeito, en coñecer a oferta cultural do país en todos os ámbitos: a banda deseñada, a danza, a música, galega de todos os estilos, a rede, as novas tecnoloxías da cultura e do lecer, o audiovisual, o libro, o novo deseño galego, o teatro, os servizos socioculturais, os xogos, etc.
O acceso a todas as zonas de exposición e venda de produtos e servizos na feira é libre durante todo o horario de apertura. Ademais, durante os catro días haberá unha ampla programación de actividades abertas a todo o público: actuacións musicais, proxeccións, obradoiros, presentacións de libros, discos e outros produtos, conversas con creadores/as dos diversos ámbitos, actividades infantís, representacións, mesas redondas, etc.