Vicus Teatro

Vicus Teatro especialízase en facer traballo de cercanía para público adolescente. Co seu primeiro espectáculo nesta liña, Crónicas de Ouro, buscaba relatar aquela época de esplendor teatral na península Ibérica. Escolleron Crónicas por traballar a memoria, a través de viaxes no tempo que aterrizan e queren influír no hoxe. No ano 2022 a compañía centrouse na comedia clásica, co seu Crónicas Clásicas. Aquí dábanse a coñecer as orixes da comedia de Grecia e Roma. O último espectáculo, agora en xira no curso 23/24, chámase Crónicas da Fala e explica a importancia e peripecias das Irmandades da Fala. Seguindo a liña da memoria e a literatura, a compañía ten en cartel tamén Salón Alfonsina, unha peza dramática que afonda na vida e obra da poetisa Alfonsina Storni.

 

  • Sector: Artes escénicas
Stand
51
Vicus Teatro

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.