Solaina

Solaina, un espazo con sede en Lugo para artistas emerxentes.

O 29 de agosto de 2020 abriu as súas portas Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura da cidade e de Galiza en xeral, e no que os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súas pezas. Este proxecto está atualmente dirixido e curado por Sergio Marey, un novo artista lucense. Solaina quere ser un referente da arte na Galiza e no mundo, e cuxo obxectivo é proporcionar un espazo aberto a todas as artes e disciplinas, a calquera proxecto, coa intención de descentralizar a arte e achegala á sociedade. Solaina é ese lugar de encontro das artes, dunha cultura emerxente que quere estalar, e onde todes son benvides.

En Culturgal veremos unha escolma de Marina Aradas, Rebeca Cambeiro, Victoria Lamas, Wences Lamas, Noemí Núñez, Alberto Ovejero, Puma e Fernando Voyeur.

 

Stand Espazo Arte
D
Solaina

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.