Patio de Luz

Galería de arte en Santiago de Compostela, espazo de exposición de arte contemporánea. Expoñen en Culturgal obra de Edu Valiña, Seara, Suso Fandiño, Iago Eireos, Mar Caldas, Verónica Vicente, María Castellanos, Monica Alonso, Sese Santiso, Carmen Chacón, Jorge Perianes, Tuset, Mery Pais e María Xosé Domínguez.

 

  • Sector: Arte
Stand Espazo Arte
B

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.