Magia en la manga

Magia en la Manga é unha compañía profesional de ilusionismo conformada por tres magos galegos con máis dunha década de experiencia sobre todo tipo de escenarios en todo o territorio nacional: Óscar Fernández, Sara Rodríguez e Carlos Tomico. Todos eles cun estilo e forma de facer de seu, pero co obxectivo común de difundir e poñer en valor a maxia como arte escénica en pleno dereito. Dende 2023, a compañía abre en pleno Casco Vello de Vigo o Espazo Magia en la Manga, sala de espectáculos e escola de maxia. O lugar perfecto para aprender algúns dos segredos mellor gardados dos ilusionistas e para ver de primera man aos mellores magos do momento.

 

Stand
10
Magia en la manga

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.