Kalandraka

Kalandraka é unha editorial especializada en álbum ilustrado para público de todas as idades, galardoada co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012. Publica en sete linguas, cun catálogo que, ademais de literatura infantil e xuvenil, tamén abrangue obras de ensaio, poesía e narrativa para adultos a través dos selos Faktoría K e Cuatro lunas. Convoca anualmente o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado e o Premio Internacional Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos.

 

Stand
39
Kalandraka

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.