Irmás Cartoné

Irmás Cartoné é unha editorial independente creada en Santiago de Compostela en 2014 e dedicada á tradución ao galego de obras clásicas da literatura universal.

As Irmás Cartoné cremos no libro de fondo, nas obras que perduran no tempo, na edición demorada e coidadosa e, sobre todo, na literatura.

O noso obxectivo non é a produción en masa de títulos que copen as mesas de novidades, senón a creación de libros que pervivan nos andeis das lectoras e lectores. Cremos en producir a ritmos humanos, en gozar de cada paso do proceso e dedicarlle o tempo preciso a cada tradución, a cada cuberta, a cada libro e a cada caderno.

 

Stand
72
Irmás Cartoné

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.