Galaxia

No ano 1950 nacía a Editorial Galaxia. Un proxecto de país, de resistencia e de proxección cara o futuro.

Este ano, Galaxia chega aos 73 anos de vida mergullada en proxectos indubidables de asalto á modernidade, un proxecto de futuro que é idéntico ao que no ano 50 movía aos fundadores a botar a andar esta fermosa aventura editorial: a defensa do galeguismo e da sociedade civil galega dende a cultura e a lingua propia.

 

Stand
81
Galaxia

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.