Editorial Caldeirón Xosé Iglesias

A Editorial Caldeirón naceu dunha pequena asociación cultural homónima en Malpica, da man de Paco Souto e Paco de Tano, demostrando que se pode crear, e crear ben, dende a periferia. Impulsamos a produción poética, especialemente a da Costa da Morte, e de nós naceu o certame que deu lugar á única colección de poesía erótica en galego, e das poucas que existen con esta temática en Europa, ademais doutras coleccións e publicacións. Máis de 20 anos despois, resistimos.

Xosé Iglesias é unha das nosas criaturas e desde o medio e medio do mar ofrécenos unha visión poética tan orixinal como potente, a semellanza da bravura das ondas atlánticas coas que combate cada día. Desde as súas Transfusións oceánicas e a impecable factura de A relixión do mar ata Atlántico Norte, chamádeme Ismael, segue cada día a sorprendernos, tanto co seu verso espido de impurezas como coa entrada de furacán nas artes plásticas coas súas infinitas baleas.

 

Stands
28
29
Editorial Caldeirón Xosé Iglesias

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.