Contemporánea

CONTEMPORÁNEA, Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, está formada na actualidade por oito galerías que unen forzas como colectivo con intereses e problemáticas comúns para acadar unha maior promoción, apoio e defensa da arte contemporánea.

Constituida con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, CONTEMPORÁNEA establece un compromiso claro coa calidade e a ética profesional dos seus asociados, defendendo os intereses profesionais dos mesmos, así como a súa condición de axentes xeradores de cultura.

Galerías asociadas: Galería Dupla, Galería Luisa Pita, Galería Marisa Marimón, Galería Metro, Galería Nordés, Galería Moret Art, PM8, Galería Trinta, Galería Vilaseco.

En Culturgal veremos obras de Tamara Feijoo, Julia Huete, Lara Pintos, Carla Souto, Suso Basterrechea, Xurxo Martiño, Soledad Penalta e Xurxo Gómez Chao.

 

Stand Espazo Arte
A
Contemporánea

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.