Rodolfo e Priscila

Rodolfo e Priscila é un pequeno selo editorial independente, ao coidado de Berta Dávila e Carlos Meixide. Nace como editora indecisa, sen compartimentos que determinen de maneira exacta o que cabe nela e o que non, aínda que nos interesa en especial a brevidade e o contemporáneo, a literatura galega e a tradución. Agromou lentamente e quere ser pequena, servir de casa para algúns poucos proxectos aos que poder dedicarlles unha atención persoal. Procura o particular e a lentitude, que cada libro chegue cando teña que chegar, como un achado diamantino.

 

Stand
31
Rodolfo e Priscila

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.