Boadicea Editora

Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López creamos Boadicea Editora en 2022 para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. Centrámomos nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros. Achegamos tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións. As nosas obras van destinadas a todo o público lector: infantil (de 3 a 11 anos), xuvenil (a partir de 12 anos) e adulto (de 16 anos en diante).As persoas fundadoras somos filólogas e científicas especialistas, doutoras e investigadoras en lingua e literatura, docentes do ensino secundario e universitario. Temos un longo percorrido na edición e corrección de textos, nomeadamente no ámbito da fantasía e da ciencia ficción.

 

Stand
9
Boadicea Editora

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.