Apo’strophe.Arte

A sala Apo’strophe.arte, polo seu carácter non lucrativo, busca sobre todo a promoción de artistas que expoñen nela, dándolles liberdade absoluta para que desenvolvan as súas propostas. Sen perder de vista o compromiso coa arte contemporánea, o que significa ter en conta as conquistas realizadas en diferentes campos. Desde a forma de presentar unha idea, como entender o espazo nunha sala de exposicións, ata os conceptos máis modernos de entender a arte como un labor didáctico, moito máis comprometido coa sociedade. Para conseguir este propósito realízanse obradoiros, charlas, presentación de libros e discos ou calquera evento referente no mundo da arte.

Este ano expoñen en Culturgal obre de Elena Gómez Dahlgren, Puri Díaz, Ruth Lodeiro, María X Fernández, Sara Miranda, Rita Ibarretxe e Roberto Hernández.

 

Stand Espazo Arte
C
Apo’strophe.Arte

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.