Amorote Printing Workshop

Ola! Son Sandra, apaixonada artesana da estampación. Como deseñadora gráfica, domino todas as técnicas de estampación en papel, téxtil, madeira...

Desde o meu taller en Ames, creo obras inspiradas na nosa fermosa Galicia, utilizando materiais ecolóxicos e de comercio xusto. Podes atopar, suadoiros, camisetas, delantais, tazas, termos e mais cousiñas.

Como amante da miña terra, busco transmitir a esencia galega a través das miñas creacións, plasmando iconas que a representen. Se tes curiosidade e ganas de aprender, ven descubrir o fascinante mundo da estampación nos meus talleres. Estarei encantada de compartir o meu coñecemento contigo!

 

Stand
67
Amorote Printing Workshop

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.