Almacén de Fábulas

Almacén de Fábulas é un selo especializado na edición de cadernos de acuarelas. Formato co que pretende amosar a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística de Galiza empregando unha mirada diferente que a cotío se coñece como Caderno de Viaxe.

Dende 2015 publicáronse os títulos dedicados a Pontevedra, Viveiro, O Salnés, Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo, Ribeira Sacra, Ourense, Cambados, Costa da Morte, Val Miñor e Baixo Miño e como novidade este ano sacamos o Cuaderno Toscano. Por primeira vez saímos fora de Galiza e contamos cunha escritora en castelán: Isabel Parreño. Eduardo Baamonde -autor de longa traxectoria como pintor e ilustrador- fai un percorrido polas rúas, as prazas, as festas, as xentes, as igrexas, os edificios emblemáticos e, tamén, os recantos menos coñecidos das nosas cidades. Estes cadernos, fundamentalmente visuais e de fácil captación para viaxeiros de toda orixe, resultan moi xeitosos como agasallo promocional, como presente de agradecemento e como medio de difusión dos valores artísticos da nosa terra.

 

Stand
25
Almacén de Fábulas

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.