AGPTI - Asociación galega de profesionais da tradución e da interpretación

A Asociación galega de profesionais da tradución e da interpretación nace como plataforma de traballo conxunto para as/os profesionais que traballan en Galicia. Os nosos principais obxectivos son:

-Contribuír á mellora das condicións laborais das/os tradutoras/es e intérpretes no mercado galego.

-Promover o uso da lingua galega no mercado da tradución e da interpretación en todos os sectores económicos galegos.

-Proporcionarlles ás/aos profesionais da tradución e da interpretación posibilidades de formación continuada non formal. Ademais, a AGPTI forma parte da Rede Vértice, a unión de asociacións profesionais do sector con presenza no Estado español.

 

Stand
20
AGPTI - Asociación galega de profesionais da tradución e da interpretación

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.