Abella Producións

A ABELLA é un insecto da orde dos himenópteros, que vive organizado socialmente en comunidades, ben en estado natural ou ben en colmeas feitas polo home, e que produce mel e cera. Se hai algo que nos distingue dos animais e nos fai únicos, é a CULTURA.

En Abella entendemos a cultura como un mecanismo de transformación social e de mellora da calidade e da igualdade na vida das persoas.

Somos, unha entidade de XESTIÓN CULTURAL, completa e resolutiva, nada coa intención de crear e conducir eventos para o cambio e o crecemento sociocultural.Somos unha proposta en positivo, cunha gran capacidade e experiencia para abordar proxectos a través dunha organización comprometida e flexible.

O noso obxectivo primeiro é a solvencia nas nosas accións e que redunden na satisfacción dos seus destinatarios.

 

  • Sector: Xestión Cultural
Stand
21
Abella Producións

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.