Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet)
Eganet é a asociación de empresas galegas dedicadas a internet e as novas tecnoloxías, que abranguen as cinco principais áreas de negocio neste ámbito: internet e medios on line, comunicación interactiva en novos medios, consultoría e asesoramento Tic, conectividade e integración de sistemas e desenvolvemento de software. Creada no 2000, Eganet foi a primeira entidade Tic galega e conta na actualidade con 70 empresas socias, que presentan unha facturación agrupada 50 millóns de euros anuais e engloban mil postos de traballo.
Eganet defínese como o corazón das Tic e reinvindica a importancia dos contidos dentro do sector. Traballa para espallar a implantación e o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de mellora da competitividade tanto no eido empresarial como no individual e facendo fincapé na integración tecnolóxica dos colectivos menos favorecidos.
A asociación procura tamén establecer sinerxías dentro e fóra do sector, con especial incidencia en ámbitos como o cultural, o educativo, o audiovisual, o administrativo e o turístico. Esta transversalidade e a visión de conxunto permítelle anticiparse ás necesidades da sociedade, para poder ofrecer o coñecemento e as ferramentas precisas para cubrilas.