Culturgal:

Pazo da cultura de Pontevedra

RUA ALEXANDRE BÓVEDA, S/N
36005 Pontevedra
986 833 061
www.pazodacultura.org

O Pazo da Cultura atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles, polo que o acceso en coche é cómodo e sinxelo. Tanto dende Vigo como dende Santiago ou A Coruña, hai que tomar a saída 129 da AP-9 (Pontevedra Norte) e seguir as indicacións cara á PO-531. Unha vez na PO-531, hai que xirar á esquerda cara á Avenida de Domingo Fontán, tomar a segunda saída na rotonda en dirección Rúa de Juan Manuel Pintos e, de novo, a segunda saída na rotonda cara á N-550. De seguida verás un edificio enorme ao pé do río. É o Pazo.

Existen múltiples posibilidades para chegar a Pontevedra dende calquera outro punto de Galicia en bus interurbano. Resumímoschas, cos seus horarios, nun documento que podes descargar aquí (http://db.tt/00ba4yTU), pero recomendámosche que antes de iniciar a viaxe comprobes que non hai cambios consultando directamente coas empresas que prestan o servizo. Todos os contactos están no documento.

Se vives na cornixa atlántica, probablemente prefiras coller o tren. Culturgal ten un convenio de colaboración con Renfe, en virtude do cal todas as persoas que collan o tren para acudir á Feira das Industrias culturais poderán beneficiarse dun desconto do 30% no prezo do seu billete. Para facelo, só tés que descargar e imprimir este documento (http://db.tt/T9VyWPpa). Cúbreo e lévao á túa estación ou oficina de venda de referencia. Alí daranche o billete co desconto establecido. Iso si, este desconto non é acumulable a ningunha outra oferta e os cambios e anulacións teñen a mesma consideración que os emitidos coa tarifa xeral. Podes consultar os horarios e tarifas xerais na web de Renfe: http://www.renfe.com/viajeros/index.html

Para chegar ao Pazo dende calquera outro punto de Pontevedra, podes camiñar, chamar un taxi (Radiotaxi: 986 86 85 85 ) ou coller un bus urbano. A rede de buses de Pontevedra está operada pola empresa Grupo As Rías (http://www.grupoasrias.com/) e conta con catro liñas urbanas e varias liñas comarcais. Tanto a liña 2 como a liña 5 pasan polas inmediacións do Pazo da Cultura. Estes son os seus percorridos: liña 2 (http://db.tt/HUQxc8Ts) e liña 5 (http://db.tt/5NeiHDgv).