Culturgal:

Asociación Galega de Editores (AGE)

Asociación Galega de Editores (AGE)

A Asociación Galega de Editores leva máis de 25 anos coordinando a iniciativa empresarial da edición en lingua galega. Hoxendía, integra 45 empresas, o que supón máis do 90% do sector editorial do país.

Amparadas polo emblema da AGE, as empresas do sector traballan arrreo pola competitividade, modernización e internacionalización da industria editorial, así como polo sostemento e incremento dos postos de traballo nun escenario de crise económica que non é alleo ao sector cultural. Fano desde a conciencia de ser un sector chave, estratéxico para o desenvolvemento educativo, cultural e social dun país, para a conformación lectora da cidadanía e para a configuración dunha sociedade culta, libre e madura.

A industria editorial galega é un sector activo e aberto ao mundo que no último ano facturou 34 millóns de euros e que contribúe dende hai décadas á exportación e universalización da cultura galega participando en máis de sete eventos internacionais anuais e establecendo alianzas con distintas administracións locais, autonómicas e estatais.