Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
A Asociación Galega de Empresas Musicais naceu no 2007 por acordo dun amplo número de empresas dedicadas ao management de artistas, intermediación na contratación de eventos musicais, promoción e producción de concertos. Na actualidade, AGEM ten 24 empresas asociadas que cobren o abano completo de servizos relacionados coa producción de todo tipo de eventos.
As empresas de AGEM representan e distribúen os máis recoñecidos artistas galegos e internacionais e producen os concertos máis relevantes dos programados en Galicia. Ademais, asesoran as institucións públicas e privadas no deseño e programación das festas, os ciclos e os festivais de maior prestixio e poder de convocatoria, chegando en moitos casos a asumir directamente a xestión total do evento.