Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono)
A Asociación Galega de Produtoras Fonográficas nace no ano 2002 para a defensa, edición, promoción e difusión da Cultura Musical Galega. Cunha clara vocación empresarial e cultural, as empresas membros da asociación buscan contribuír á consolidación e estabilidade do sector fonográfico en Galicia, así como aunar esforzos para facer fronte á complicada situación do mercado actual.
Forman parte de Agaphono: Atlantia, Audia Records, Clave Records, Edicións do Cumio, Falcatruada, Ouvirmos, Sons Galiza Comunicación, Fol Música e Zouma, o que supón o 50% do sector.
Dende 2009, Agaphono colabora con Agadic no seu programa de internacionalización da música galega para asistencia a feiras internacionais do sector baixo a marca Galiciantunes.