Cultur.gal

Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007

Saltar menú


Novas

Cultur.gal fixa a súa sede na cidade da Coruña

Este nadal incentivarase con agasallos a compra de discos, libros e filmes galegos

Cultur.gal fixa a súa sede na cidade da Coruña

[17/12/2008]

O Consello Asesor do Cultur.gal decidiu, ademais, que se celebre sempre a principios de decembro, de cara a incentivar a adquisición de libros, discos e filmes galegos no Nadal. Con esta fin este ano púxose en marcha unha campaña para darlle visibilidade a estes produtos.

» Ler máis

Spot promocional dos produtos culturais galegos

A cultura que facemos. Escóllea no Nadal

[17/12/2008]

Está en marcha a campaña da Consellarí­a de Cultura e Deporte para a visibilización dos produtos culturais galegos e que pretende incentivar a compra de libros, discos e DVDs galegos como agasallos de Nadal. Esta campaña implica a 300 librarí­as e quioscos e 70 tendas de discos de toda Galicia, que regalarán cadernos e discos pola compra deste produtos.

» Ler máis

O Cultur.gal triplica o número de visitantes da edición anterior

Estímase que unhas 35.000 persoas se achegaron á Feira nestes catro días

O Cultur.gal triplica o número de visitantes da edición anterior

[07/12/2008]

O Cultur.gal pecha hoxe as súas portas cunha estimación de 35.000 visitantes ao longo dos catro dí­as, un gran salto con respecto á primeira edición, que aglutinou unhas 10.000 persoas.

» Ler máis

35.000 PERSOAS PASARON POLA FEIRA

Rematou o Cultur.gal 08

[07/12/2008]

O domingo 7 de decembro rematou a segunda edición de Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais. Catro dí­as de encontro, mostra e contacto das industrias culturais co público xeral, infantil e profesional. Este ví­deo repasa as actividades da última xornada.

» Ler máis

PABLO NOVOA

Entrevista ao creador da música da XabaXira

[07/12/2008]

A nova XabaXira do Xabarí­n Club fixo a súa preestrea o domingo 7 de decembro no Cultur.gal. Falamos co músico Pablo Novoa, creador da música do novo espectáculo.

» Ler máis

OBRADOIROS, CONTACONTOS E OUTRAS ACTIVIDADES

Os nenos e nenas protagonistas do domingo no Cultur.gal

[07/12/2008]

Na última xornada da Feira Galega das Industrias Culturais, os nenos e nenas volveron ter un gran protagonismo, con obradoiros, contacontos e outras actividades, ademais da preestrea do espectáculo da XabaXira do Xabarí­n Club da TVG.

» Ler máis

O Cultur.gal dos pequeniños

Nenos e pais gozaron coa versión de "Mobi Dick" dos Quinquilláns

O Cultur.gal dos pequeniños

[07/12/2008]

Os máis novos protagonizaron a última xornada da feira, que nos primeiros dí­as tivo un corte máis profesional. A preestrea do novo espectáculo do Xabarí­n e os distintos obradoiros captaron a atención dos nenos durante todo o dí­a.

» Ler máis

"Agora o Xabarín é menos repugnantiño"

O novo espectáculo do Xabarín comeza a rodar no Cultur.gal

"Agora o Xabarín é menos repugnantiño"

[07/12/2008]

O músico Pablo Novoa contounos como foi o proceso de redeseño da XabaXira e as novidades musicais e argumentais do novo espectáculo do porco bravo, que terá que lidar cun contrincante malvado que lle quere usurpar o posto.

» Ler máis

XORNADA DO SÁBADO

Cultur.gal presenta libros, discos, cómics, enciclopedias...

[07/12/2008]

O sábado 6 de decembro, Cultur.gal foi escenario de múltiples presentacións: libros, discos, un cómic épico, unha enciclopedia en internet... Múltiples actos na Feira Galega das Industrias Culturais. 

» Ler máis

ENTREVISTA AO ESCRITOR

Jaureguízar presenta 'O globo de Shakespeare'

[07/12/2008]

Santiago Jaureguí­zar presentou o sábado en Cultur.gal o seu último libro, 'O globo de Shakespeare'.

» Ler máis



Pdf para descargar

Aviso legal | Accesibilidade