Cultur.gal

Feira do libro e da Industria Cultural. Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra do 10 ao 13 de maio de 2007

Saltar menú


Este nadal incentivarase con agasallos a compra de discos, libros e filmes galegos

Cultur.gal fixa a súa sede na cidade da Coruña

O Consello Asesor do Cultur.gal decidiu, ademais, que se celebre sempre a principios de decembro, de cara a incentivar a adquisición de libros, discos e filmes galegos no Nadal. Con esta fin este ano púxose en marcha unha campaña para darlle visibilidade a estes produtos.

[17/12/2008]

A Coruña será a partir de 2009 a sede permanente de Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais. Así­ o decidiu o Consello Asesor da feira, reunido hoxe en Santiago, que tamén fixou que se celebre sempre nas primeiras semanas de decembro. O obxectivo éque sirva como panca para promover a elección de produtos culturais galegos nas compras de Nadal. Con este propósito esta fin de semana iní­ciase unha campaña que chegará a 300 librarí­as e quioscos e 70 tendas de discos de toda Galicia.

 

A conselleira de Cultura e Deporte, ínxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luí­s Bará, presentaron hoxe esta campaña co lema “A cultura que facemos escóllea no Nadal”. Ten por obxectivo principal contribuí­r a dar visibilidade aos produtos culturais galegos, e lograr que libros, discos e filmes galegos estean entre os elixidos á hora de adquirir os regalos de Nadal.

 

A campaña desenvolverase nas librarí­as, quioscos e tendas de discos de toda Galicia, onde se colocarán elementos que identifiquen os espazos nos que se sitúan os libros, CDs e DVDs galegos. Distribuiranse ademais materiais de regalo para as persoas que adquiran produtos culturais galegos: cadernos de notas e discos compactos cunha recompilación de temas de grupos actuais de xéneros como o folk, o rock e o pop. A campaña reforzarase con publicidade nos medios de comunicación.

 

Cultur.gal de novo na Coruña
O punto de partida propicio para esta campaña de Nadal deuno o éxito que acadou a segunda edición de Cultur.gal, que se celebrou do 4 ao 7 de decembro no Palexco da Coruña. O Consello Asesor da feira, formado por representantes dos distintos sectores das industrias culturais de Galicia, reuniuse hoxe en Santiago e decidiu manter a cidade da Coruña como sede permanente da feira, que se celebrará sempre nas datas previas ao Nadal.

 

A decisión de que A Coruña sexa a sede de Cultur.gal tomouse logo de avaliar como moi positiva a presenza de público na feira. Ao longo dos catro dí­as de celebración pasaron polo recinto arredor de 37.000 persoas, o que significa case cuadriplicar a asistencia á primeira edición.

 

A presenza de público correspondeuse cunha boa participación nas actividades programadas: 2.900 persoas participaron nas actividades de público xeral e 5.500 nas dirixidas a público infantil. Ademais as actividades profesionais relacionadas coa música, o libro, o audiovisual, as novas tecnoloxí­as, as artes escénicas, a dinamización lingí¼í­stica e a xestión cultural congregaron a 500 profesionais deses sectores.

 

A participación de 75 entidades expositoras na súa segunda edición e a ampla presenza de público en Cultur.gal 08 amosaron que hai interese na produción cultural galega e supuxeron unha invitación a consolidar esta feira como cita anual de referencia. O Consello Asesor valorou Cultur.gal como un proxecto fundamental para contribuí­r a darlle visibilidade á oferta cultural do paí­s nas súas diferentes versións, soportes e sectores.


 


Pdf para descargar

Aviso legal | Accesibilidade